A Asociación Galega das Castañas e dos Soutos dirixiuse formalmente mediante un escrito ao Presidente do Parlamento de Galicia e aos voceiros dos grupos parlamentarios coa finalidade de recadar apoio institucional para a campaña «A castaña non é un froito seco».
A intención é corrixir unha clasificación errónea a nivel nutricional que mete o noso produto no mesmo saco que outros como a noz, prexudicando directamente ao noso sector. Este acordo unánime a nivel autonómico resulta un paso previo imprescindible antes de trasladar a petición ao Parlamento Europeo, unha acción que a asociación está a impulsar de forma conxunta cunha entidade homóloga de Portugal.
Actualmente xa se están a coordinar as primeiras xuntanzas cos representantes políticos, que mostraron unha resposta moi rápida á nosa solicitude. A información técnica da campaña está dispoñible na seguinte ligazón: https://asociaciongalegadacastana.es/a-castana-non-e-un-froito-seco/


