Asociación Galega das Castañas e dos Soutos

Asamblea xeral 2026 en Lalín

A neve non puido connosco. O pasado 24 de xaneiro, en Lalín, demostramos que a Asociación está moi viva.
Dende a xunta directiva queremos agradecer a asistencia dos máis de sesenta socios que, a pesar das condicións climatolóxicas tan complicadas, decidistes acompañarnos.
​Foi un gusto escoitarvos. As vosas intervencións son as que de verdade lle dan sentido ao traballo que facemos aquí.

Non imos negar que o tempo que pasou dende a última asemblea foi un verdadeiro reto para nós, pero ver a sala así, con tanta xente comprometida, é o mellor incentivo para seguir adiante.
​Quedamos co magnífico ambiente que se respiraba e, sobre todo, coa mensaxe que compartimos e que o noso presidente reafirma nesta foto: o que nos une como produtores é moito máis importante que calquera diferenza entre nós, porque todos afrontamos os mesmos problemas e buscamos o mesmo futuro.

Scroll al inicio