O pasado 30 de xullo asistimos por invitación á gran final do XVI Concurso Cociña da IXP Castaña de Galicia, un evento celebrado na Aula de Cociña Porto-Muiños, no concello de Cambre. Durante a xornada, puidemos comprobar de primeira man o enorme talento dos finalistas, tanto na categoría de profesionais como na de estudantes de hostalaría.
As receitas presentadas abrangueron unha ampla variedade de técnicas e sabores, demostrando a capacidade de adaptación da castaña á cociña máis actual, con propostas que foron dende pratos principais ata sobremesas. Acompañamos esta nova con algunhas fotografías tomadas durante a elaboración e a presentación dos pratos no evento.





