Asociación Galega das Castañas e dos Soutos

A Asociación Galega das Castañas e dos Soutos leva a campaña sobre o valor da castaña ao EuroCastanea 2026

É un orgullo para nós comunicar a nosa participación oficial no EuroCastanea 2026, o principal evento internacional do noso sector, que se celebrará en Portugal. O vindeiro 11 de setembro, Pablo Vilaverde intervirá en representación da Asociación Galega das Castañas e dos Soutos coa ponencia titulada «Castanha fruto seco ou fruto fresco?».

Nesta charla explicará como se desenvolveu a campaña en Galicia ata o momento, despois de tomar a testemuña da asociación portuguesa Agrifuturo. Falará da repercusión alcanzada nos medios de comunicación e do apoio unánime recibido por todos os grupos políticos con representación no Parlamento de Galicia. A maiores, detallará os pasos que imos dar nos meses vindeiros, centrados en establecer contactos directos co sector comercializador e coas grandes superficies.

Agradecemos moito a invitación para colocar o nome da nosa asociación neste foro de referencia. Agardamos que esta experiencia sexa o primeiro paso para integrarnos dunha maneira activa na estrutura de EuroCastanea.

Tendes dispoñible a ligazón ao programa completo nesta LIGAZÓN

Scroll al inicio