Asociación Galega das Castañas e dos Soutos

A Asociación Galega das Castañas e dos Soutos, recoñecida como Agrupación Forestal de Xestión Conxunta básica

A Xunta de Galicia recoñeceu oficialmente á Asociación Galega das Castañas e dos Soutos como Agrupación Forestal de Xestión Conxunta (AFXC) básica. Esta figura, regulada pola Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, permite a propietarios de terreos forestais xestionar o monte de forma colectiva e coordinada.

Ao tratarse dunha AFXC básica, a nosa agrupación non está vencellada a un territorio concreto, o que nos permite estar presentes nos distintos concellos onde traballan os nosos socios.

Iso abre unha liña de traballo clara. Queremos acompañar aos nosos socios para que poidan constituír as súas propias agrupacións de ámbito municipal. Percorremos o camiño de crear e poñer en marcha unha AFXC desde cero. Toda esa experiencia, e o aprendido no proceso, é o que queremos poñer ao seu dispor.

Agardamos tamén que esta figura nos permita colaborar coa Consellería do Medio Rural en materia de tratamentos fitosanitarios, como os dirixidos contra a avespiña do castiñeiro, contribuíndo así á protección dos soutos galegos.

Scroll al inicio