Un souto en produción ten baixa inflamabilidade, marcos amplos e o chan limpo cada ano para a colleita.
O novo anteproxecto da Lei de incendios recoñéceo como sistema preventivo, pero á hora da verdade aplícalle regras pensadas para masas abandonadas, coníferas ou eucaliptos.
Dende a Asociación Galega das Castañas e dos Soutos estudamos o texto artigo por artigo e presentamos 7 alegacións na Consellería do Medio Rural para axustar a norma á realidade.
Na seguinte ligazón podes descargar o texto íntegro das ALEGACIÓNS rexistradas o 23 de outubro na Xunta de Galicia


