A nosa iniciativa internacional «Castaña Froita Fresca» segue medrando e acadando nova visibilidade. Desta volta, queremos agradecer á Televisión de Galicia e concretamente ao equipo do programa O Termómetro por axudarnos a difundir esta mensaxe tan necesaria para o noso produto.
O presidente e o secretario da Asociación acudiron ao programa para explicar os motivos reais detrás desta campaña, que impulsamos xunto á asociación portuguesa Agrifuturo. O obxectivo é moi claro: conseguir que a castaña reciba o trato e as condicións de conservación propios dunha froita fresca. Esta é a principal ferramenta da que dispomos para evitar que o produto se estrague e conseguir reducir ao mínimo o desperdicio alimentario.
A nosa intervención abarca dende o minuto 57:12 ata o 1:01:26 do programa. Podedes acceder a ela a través da ligazón: O Termómetro 30/04/2026



