A botánica española vén de celebrar un avance importante no ámbito da investigación forestal: o desenvolvemento de copias dixitais de árbores. Este sistema permite xerar modelos tridimensionais de alta precisión que poden ser analizados dende calquera lugar, facilitando un estudo detallado da morfoloxía e o estado de saúde de diversas especies.
Dende a Asociación Galega das Castañas e dos Soutos valoramos esta noticia como un precedente de gran utilidade para o noso sector. A aplicación de réplicas dixitais no estudo dos castiñeiros suporía unha mellora substancial na toma de datos de campo, permitindo un control máis rigoroso da evolución de cada souto. O acceso a este tipo de información dixitalizada axuda a prever problemas estruturais ou de saúde nas árbores, optimizando os recursos e o tempo dos produtores e técnicos.
Este avance pode consultarse polo miúdo a través deste enlace:

