Elena Corredoira Castro, científica titular do CSIC e responsable da Unidade Técnica de Biotecnoloxía e Mellora Forestal da Misión Biolóxica de Galicia, lidera o equipo que acaba de conseguir un fito histórico: a primeira edición xenética dun xene de susceptibilidade nunha especie forestal europea. O traballo, publicado na revista Plant Stress, demostra que é posible silenciar o xene Cspmr4 no castiñeiro europeo mediante CRISPR/Cas9, aumentando a súa tolerancia fronte a Phytophthora cinnamomi, o oomiceto que causa a enfermidade da tinta.
Corredoira leva máis de dúas décadas traballando en cultivo in vitro, embrioxénese somática e modificación xenética de especies leñosas. Nesta entrevista, concedida a Campo Galego, a investigadora galega explica en detalle os mecanismos da edición xenética, os desafíos técnicos que supuxo aplicar CRISPR/Cas9 en árbores, as limitacións actuais dos ensaios en laboratorio, e os pasos que faltan antes de dispoñer de variedades comerciais. Tamén aborda as implicacións do novo marco normativo europeo sobre técnicas xenómicas e o potencial desta estratexia para protexer non só o castiñeiro, senón outras especies forestais ameazadas pola tinta, como a aciñeira e a sobreira.
Podes ler a entrevista completa en Campo Galego:
https://innova.campogalego.gal/forestal/a-edicion-xenetica-pode-ter-un-impacto-moi-relevante-na-conservacion-dos-bosques-autoctonos.html

