Asociación Galega das Castañas e dos Soutos

A importancia dos produtos forestais non madeireiros na Xornada de Mondoñedo

A nosa asociación tivo a oportunidade de participar na Xornada do Día do Medio Ambiente celebrada no Pazo de San Tomé, en Mondoñedo.

A pesar de non figurar no cartel orixinal, fomos convidados a formar parte da mesa redonda dedicada aos «Produtos do Monte». A representación correu a cargo do noso secretario, que estivo acompañado polo presidente da asociación.

Un dos aspectos máis destacados do encontro foi compartir espazo de debate coa Asociación Promoresina Galicia. O seu presidente, Fran J. Domínguez, que tamén é socio da nosa entidade, achegou a súa visión da xestión forestal.

Esta coincidencia permitiu subliñar as fortes sinerxias existentes ao redor dos produtos forestais non madeireiros. O traballo conxunto coa castaña e a resina demostra que estes recursos son piares esenciais para modernizar o medio rural. Seguiremos colaborando para poñer en valor todo o que o monte nos ofrece máis alá da madeira.

Scroll al inicio