Asociación Galega das Castañas e dos Soutos

A nosa Asociación na clausura do convenio ‘Madeira en Valor’

O pasado 29 de abril achegámonos ata a Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo para asistir ao acto de peche do convenio de colaboración ‘Madeira en Valor’ (2023-2025).

Desde a Asociación Galega das Castañas e dos Soutos queremos poñer en valor o inmenso traballo que están a desenvolver a Plataforma de Enxeñería da Madeira Estrutural (Pemade) da Universidade de Santiago de Compostela e a Axencia Galega da Industria Forestal (Xera). O obxectivo destas xornadas é vital para nós: fomentar o emprego do castiñeiro como un material sostible e necesario para a descarbonización do sector da construción. Dar saída á nosa madeira mediante estes forxados mixtos e novas estruturas é un paso fundamental para garantir o futuro e o coidado dos nosos soutos.

Scroll al inicio