Asociación Galega das Castañas e dos Soutos

​A Revista Aral destaca a nosa petición de tratar a castaña como froita fresca

​Queremos agradecer publicamente á Revista Aral, medio de comunicación de referencia no sector do Gran Consumo e o Retail en España, polo artigo dedicado á nosa última iniciativa.

​Para a conservación das nosas paisaxes e a economía do souto, é vital que a cadea de subministración diferencie claramente a castaña dos froitos secos de casca dura. A difusión que nos ofrece Aral é fundamental para que esta reivindicación chegue aos despachos da gran distribución e se traduza en mellores prácticas comerciais.

​Podedes ler a noticia completa na súa web:  NOTICIA

Scroll al inicio