Como peche do acto ‘Madeira en Valor’, a Asociación Galega das Castañas e dos Soutos fixo unha visita técnica ao laboratorio para presenciar as demostracións experimentais do Plataforma de Enxeñería da Madeira Estrutural (Pemade) da USC o pasado 29/04/2026.
No vídeo que vos deixamos a continuación, gravamos un ensaio a flexión sobre un forxado mixto de formigón e madeira.
A peza sométese a unha presión continua para comprobar a súa resistencia. Custa crer a enorme cantidade de carga que chega a soportar a estrutura antes de que os conectores comecen a deslizar e ceder.
Recomendámosvos que vexades o vídeo ata o final e subades o volume: o estruendo que fai ao rachar no colapso definitivo dá boa conta da enerxía que esta combinación de materiais é capaz de aguantar.

