A visita técnica do pasado 16 de xullo a Vinhais, enfocada en coñecer de preto o proxecto Soutos Sustentáveis, deunos a oportunidade de estreitar lazos con entidades fundamentais de Portugal.
Na imaxe que acompaña este texto, retrátase á perfección o bo ambiente vivido. Nela figuramos seis socios da Asociación Galega das Castañas e dos Soutos xunto a António Ribeiro e Silvia Nobre, do Instituto Politécnico de Bragança, e o equipo de Arborea composto por Abel Pereira, Isabel Gonçalves, Paulo Afonso, Tatiana Lamas e Eduardo Feniman.
A sintonía entre as nosas organizacións é tan forte que xa estamos a avaliar o desenvolvemento dun convenio de colaboración. Afrontamos desafíos comúns na xestión dos soutos, como a xestión da auga, e traballar da man permitiranos ser moito máis eficaces.


