Acto de clausura do convenio de colaboración «Madeira en Valor» (2023-2025), impulsado pola Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) e a Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural (PEMADE) da Universidade de Santiago de Compostela.
Este convenio tivo como finalidade primordial fomentar o uso do castiñeiro como material estrutural, contribuíndo de xeito directo á descarbonización do sector da construción e incrementando o valor engadido de toda a cadea forestal en Galicia.
O programa do evento, que se celebrará o 28 de abril de 2026 no Salón de Actos da Escola Politécnica Superior (Campus de Lugo), inclúe a presentación da ferramenta de cálculo TRABE e a guía «Castiñeiro verde na construción». Así mesmo, presentaranse técnicas non destrutivas para a caracterización de frondosas e realizarase unha visita demostrativa ao laboratorio de PEMADE.
Detalles do evento:
-
Data: 28 de abril de 2026.
-
Horario: 11:30 h – 14:00 h.
-
Lugar: Escola Politécnica Superior (Campus de Lugo).
-
Data límite de inscrición: 24 de abril de 2026.
As persoas interesadas poden acceder ao formulario de inscrición a través da ligazón que facilitamos: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeZMBcsK4ct_H-t2graFulHGpQ1u-JKv4FTcoEhCC83tS0EdA/viewform


