Asociación Galega das Castañas e dos Soutos

Curso práctico de aproveitamento mecanizado da castaña en Galicia

A Asociación Galega das Castañas e dos Soutos abre a matrícula para o curso presencial e gratuíto centrado na mecanización da recollida da castaña. Esta actividade formativa está cofinanciada pola Axencia Galega da Industria Forestal.

A formación, de 8 horas lectivas, ten un enfoque puramente práctico traballando con maquinaria real. O programa abarca dende o traballo no souto coa colleitadora e a sopradora, ata a clasificación na calibradora, o paso pola balsa de flotación e os principios básicos de conservación en cámara frigorífica.

Celebraranse dúas edicións diferenciadas:

  • Edición 1: CFEA de Lourizán (Pontevedra).

  • Edición 2: CFEA de Sergude (Boqueixón, A Coruña).

As inscricións poden formalizarse a partir do 7 de outubro a través do teléfono 661 95 22 89 ou do correo electrónico castanasesoutos@gmail.com, e a asignación de prazas farase por rigorosa orde de inscrición.

#XERA #GaliciaéMadeira #industriaforestalmadeira #XERAsavia

PROGRAMA: DESCARGAR PDF

Scroll al inicio