O pasado 3 de outubro, a Asociación Galega das Castañas e dos Soutos participou nas xornadas técnicas do V Foro da Castaña de Riós, unha actividade enmarcada na programación do INORDE. A xornada centrouse na aprendizaxe sobre o terreo e no coñecemento de experiencias de innovación na xestión forestal.
Durante a xornada, o noso presidente, xunto co secretario da asociación, foron os encargados de dirixir a demostración práctica de maquinaria específica para a recollida mecanizada da castaña. Durante a sesión, explicaron aos asistentes o manexo técnico dos equipos de aspiración acoplados ao tractor, amosando o seu funcionamento en condicións reais de traballo. Esta participación reforza o compromiso da asociación coa formación técnica e a mellora dos procesos de traballo nos nosos soutos.






