Asociación Galega das Castañas e dos Soutos

Difusión:

Unha voz única e forte ante o mundo

A difusión é a nosa ferramenta nun sector tradicionalmente fragmentado, a falta de visibilidade foi sempre unha debilidade que outros aproveitaron. A nosa asociación nace para ser a voz dos produtores, asegurando que as nosas reivindicacións e a nosa realidade cheguen onde teñen que chegar: medios de comunicación, foros profesionais e, sobre todo, ás mesas onde se deciden as leis. Traballamos activamente para que a castaña teña o recoñecemento normativo que lle corresponde como froita fresca, combatendo a confusión comercial que a prexudica e esixindo políticas que protexan o noso sistema produtivo.

A nosa asociación nace para ser a voz dos produtores, asegurando que as nosas reivindicacións e a nosa realidade cheguen onde teñen que chegar

Difundimos a nosa imaxe de marca como sinónimo de calidade, orixe e sustentabilidade.

Participamos en feiras e encontros sectoriais para abrir novas canles de comercialización e para establecer alianzas con outros sectores afíns. Non se trata só de que nos vexan, senón de que nos escoiten e nos respecten como un interlocutor sólido e serio. Ao difundir o noso impacto económico e social, situamos ao sector da castaña na axenda pública, demostrando que somos un motor de riqueza estratéxico para o rural galego que non se pode ignorar.

Convidámosche a formar parte deste colectivo

Scroll al inicio