Divulgación:
Contar o valor real do noso traballo
A castaña é moito máis que un froito; é cultura, é historia e é un superalimento de primeira orde. Porén, gran parte da sociedade aínda descoñece o enorme esforzo que hai detrás dun quilo de castañas e o impacto positivo que o seu consumo ten no territorio. A nosa labor de divulgación ten un obxectivo claro: educar ao consumidor para que valore a castaña como o produto de elite que é. Levamos a cabo campañas pedagóxicas que destacan o seu excepcional perfil nutricional —baixa en graxas, rica en fibra e minerais— e a súa versatilidad na cociña moderna.
A nosa labor de divulgación ten un obxectivo claro: educar ao consumidor para que valore a castaña como o produto de elite que é
Divulgamos tamén o valor "invisible" do souto
Explicamos que, ao mercar as nosas castañas, o consumidor está financiando a limpeza dos montes, a prevención de incendios, o mantemento da biodiversidade e a supervivencia das aldeas. Queremos que a sociedade vexa ao produtor non como alguén do pasado, senón como un gardián esencial do patrimonio natural e un axente económico clave. A través de eventos, charlas e presenza en redes sociais, construímos un relato potente e veraz que dignifica o noso oficio e crea un vínculo emocional e consciente entre o campo e a mesa.