Asociación Galega das Castañas e dos Soutos

Importancia do Castanea sativa para os polinizadores

Compartimos os resultados dun estudo científico recente publicado en Science of The Total Environment, que pon en valor a importancia do Castanea sativa para os polinizadores, especificamente para a especie Osmia bicornis.

A investigación analiza como diferentes dietas de pole afectan ao desenvolvemento larvario. Os datos indican que as larvas alimentadas exclusivamente con pole de castiñeiro mostraron un desenvolvemento máis eficiente en comparación con aquelas alimentadas con pole polifloral estándar.

Concretamente, observouse unha redución no tempo de desenvolvemento (25,1 días fronte a 28,5) e un incremento significativo no peso final da larva (167 mg fronte a 125 mg).

Estes achados reforzan a importancia ecolóxica da xestión do souto, non só como recurso produtivo de froito ou madeira, senón como un reservorio nutricional clave para a biodiversidade e a saúde dos polinizadores silvestres.

Poden consultar o estudo completo aquí: ARTIGO

Scroll al inicio