Innovación:
Evolucionar sen perder a nosa esencia
Innovar no mundo da castaña significa buscar pontes entre a sabedoría tradicional e as posibilidades que nos ofrece o século XXI. Non se trata de substituír o que funciona, senón de facelo máis eficiente, seguro e rendible. Na asociación impulsamos a adopción de novas tecnoloxías aplicadas ao souto, dende o uso de drones para aplicar tratamentos nos castiñeiros, ata maquinaria que facilite as tarefas de recollida, reducindo a penosidade física do traballo no monte.
Non se trata de substituír o que funciona, senón de facelo máis eficiente, seguro e rendible
Un dos nosos maiores retos innovadores é a modernización da cadea de post-colleita.
Defendemos a implantación de sistemas que garantan o mantemento estrito da cadea de frío, tratando a castaña co rigor que require calquera outra froita fresca perecedoira. Esta visión rompe coa inercia de tratar a castaña como un produto «seco» de baixa manipulación, abrindo a porta a novos mercados que esixen frescura e calidade organoléptica superior. Innovamos tamén nos procesos de xestión conxunta, buscando fórmulas organizativas que permitan aos pequenos produtores acceder a servizos e tecnoloxías que, de xeito individual, serían inalcanzables. Para nós, a innovación é o motor que asegura que o noso sector sexa competitivo nun mercado global cada vez máis esixente.