Coñecer a Vespa Velutina Nigrithorax é fundamental para saber que facer en cada momento do ano e loitar da forma máis eficaz. Deixámosche algúns consellos para que saibas que facer mes a mes e en cada momento do ano.
1 – FEBREIRO/MAIO: OBSERVA O TEU ENTORNO
Neste momento do ano, as raíñas fecundadas da tempada anterior inician a súa actividade e buscan un lugar para fundar a súa colonia.
OBSERVA, periodicamente a túa casa e demais espazos cubertos da túa propiedade, así como árbores e arbustos desde todos os ángulos e durante uns minutos buscando movemento de velutinas. Ten en conta, que ainda que hoxe non atopes nada, nuns poucos días, a vespa velutina e capaz de formar un niño.

As velutinas buscan lugares abrigados: beirados, xanelas, interiores de garaxes, faiados, hórreos, soportais, etc. para facer o seu primeiro niño.
FEBREIRO/MAIO: CAPTURAR RAÍÑAS
Este é un dos momentos máis importantes do ano, xa que con cada raíña capturada evitamos a posible aparición dun novo niño. Tras un período de invernada, as raíñas xa fecundadas dispóñense a construír os seus primeiros niños, polo que é o momento idoneo para trampear.
FABRICACIÓN DE TRAMPAS CASEIRAS
Os orificios de entrada deben medir 8,5 mm para evitar que entren insectos máis grandes que as velutinas.
IMPORTANTE
Fai pequenos orificios de 5 ou 6 mm. para permitir saír a outros insectos, e xusto debaixo, outros máis pequenos para introducir poliñas que faciliten a súa saída.
RECETA LÍQUIDO ATRAINTE PARA 4 TRAMPAS.
- 500 gramos de azucre.
- 1 litro de auga.
- 10 gr. de fermento de panadeiro fresco ou 3,5 gr. si é seco.
- Renovar pasados 15 días.
3 – ONDE POÑER AS TRAMPAS?
As botellas trampas, deberán poñerse nun lugar soleado preto das flores ou dunha fonte de auga xa que neste momento buscan alimento e auga para preparar a pasta coa que facer os seus niños.
4 – XUÑO – OUTUBRO: AXUDA A ATOPAR NIÑOS
Dependendo de como veña a primaveira, os niños primarios poden estar máis ou menos avanzados, e é neste momento cando a colonia fabrica o niño secundario ou definitivo normalmente nalgúnha árbore cercana, ainda que tamén pode facelo nunha silveira, nun arbusto, etc.
Observa periódicamente e durante uns minutos as árbores e resto de vexetación da túa propiedade en procura de tráfico de velutinas. Se hai un niño, entrarán e sairán polo mesmo lugar e de forma continuada. Ten en conta, que onde hoxe non hai nada, nuns poucos días pode haber un niño en crecemento.
5- MAIO/NOVEMBRO: ANTES DE REALIZAR TAREFAS AGRÍCOLAS
Dedica uns minutos para observar se hai tráfico de velutinas na parcela ou na matogueira que vas rozar. Ou mesmo se vas podar setos, árbores e demais.
Outono: Durante o outono, cando saen as novas raíñas que serán fecundadas polos machos antes de hibernar, é o segundo momento de trampear.
SE ATOPAS UN NIÑO
PERIGO!!
NON TE ACHEGUES NIN MANIPULES NIÑOS DE VELUTINAS SEN A PROTECCIÓN ADECUADA

