O obxectivo do curso é proporcionar ás persoas asistentes coñecementos xerais e específicos sobre os aspectos biolóxicos e funcionais das micorrizas e dos seus tipos principais, realizándose unha revisión da importancia das micorrizas a nivel de ecosistema, a exposición de estratexias de manexo silvícola e as aplicacións das micorrizas en sistemas agrícolas e forestais.
Datas de celebración: 8, 9, 10 e 11 de xullo 2025
Dirección: Juan Luis Fernández Lorenzo
Secretaría: Ana Couso Viana
Lugar de celebración: Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, Lugo
Número de horas lectivas: 25 h
Límite de alumnado: 40
Este curso conta cun co-financiamento do proxecto de investigación ‘Agroecology for Weeds’ (GOOD) financiado no marco do programa da Unión Europea Horizonte Europa (acordo de subvención No 101083589).
PROGRAMA
8 de xullo
9:30
Apertura institucional.
10:00 – 11:00
Introdución: os fungos e as micorrizas, características e importancia ecolóxica.
Ana Couso Viana – Investigadora Dpto. Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría. USC.
11:00 – 12:00
Micorrizas arbusculares, características e importancia.
Maria Jesús Sainz Osés – Profesora Dpto. Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría. USC.
12:00 – 14:00
Asociacións fúnxicas, conservación da biodiversidade e produción vexetal
Norma Alas Gutierrez – Investigadora Dpto. Bioloxía de Organismos e Sistemas. UNIOVI.
16:00 – 18:00
Experiencias do uso de micorrizas en agricultura.
Nuria Ferreiro Domínguez – Investigadora Dpto. Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría. USC.
9 de xullo
10:00 – 14:00
Obradoiro de micorrización.
Enrique Fandiño Cerqueira – Plant Manager HIFAS FORESTA.
16:00 – 18:00
Avances na micorrización con Tuber sp. en viveiros forestais.
Amaya Álvarez Lafuente – Investigadora TRAGSA.
10 de xullo
10:00 – 12:30
Micorrización forestal e produción de cogomelos: ata onde chega a evidencia?
Santiago Lamosa Quinteiro – Profesor Dpto. Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría. USC
12:30 – 14:00
Fungos micorrícicos productores de cogomelos comestibles.
Antonio Rigueiro Rodríguez – Profesor Emérito. Catedrático do Dpto. Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría. USC
16:00 – 18:00
Fungos micorrícicos productores de cogomelos tóxicos.
Julián Alonso Díaz – Investigador Dpto. Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría.
11 de xullo
9:00 – 17:00
Saída de campo a parcelas experimentais do proxecto GOOD.
María Rosa Mosquera Losada – Catedrática do Dpto. Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría. USC. Investigadora Principal do proxecto GOOD en Galicia.
Francisco Javier Rodríguez Rigueiro – Investigador Dpto. Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría. USC



