Asociación Galega das Castañas e dos Soutos

Nova investigación sobre a tolerancia xenética do castiñeiro europeo á tinta

Compartimos un avance significativo para a sanidade vexetal dos nosos soutos. Un estudo recente publicado na revista científica BMC Genomics, liderado por Susana Serrazina (BioISI – Faculdade de Ciências da Universidade de Lisboa) xunto a investigadores como Mª Teresa Martínez e Elena Corredoira, aborda a mellora da resistencia ante Phytophthora cinnamomi.

A investigación céntrase na sobreexpresión do xene Cast_Gnk2-like, homólogo ao dominio da ginkbilobina-2 presente no Ginkgo biloba. Os ensaios realizados demostraron que esta modificación xenética en Castanea sativa reduce significativamente a necrose radicular e a severidade dos síntomas asociados á enfermidade da tinta.

Este achado proporciona unha base sólida para desenvolver novas estratexias de mellora xenética que aseguren a viabilidade e produtividade do souto fronte a unha das súas principais ameazas fitosanitarias.

Acceso ao artigo completo: ARTIGO

Scroll al inicio