Asociación Galega das Castañas e dos Soutos

Xuntanza de traballo coa Deputación da Coruña para o impulso do sector

Membros da Asociación Galega das Castañas e dos Soutos mantiveron unha xuntanza con José Regueira, vicepresidente da Dwputación da Coruña e Cristina Capelán, deputada de Mar e Medio Rural.

O obxectivo principal desta cita foi presentar a nosa asociación e pechar novas vías de colaboración institucional.

​Na reunión tratamos a fondo a nosa campaña «Castaña Froita Fresca», un proxecto enfocado a combater o desperdicio alimentario dende a propia orixe.

Tamén puxemos sobre a mesa a organización de futuras xornadas de promoción por toda a provincia da Coruña e o establecemento de parcelas demostrativas. Estas fincas servirán de base para mellorar o cultivo nos nosos soutos, aplicando coñecementos técnicos á realidade do terreo. Trátase dun pequeno pero firme paso para darlle o valor que merece este recurso da nosa terra.

Scroll al inicio