Unha investigación global recente, da que se fai eco a revista Ecology, pon cifras ao impacto que ten a falta de polinizadores na flora mundial. Segundo este meta-análise, a ausencia destes axentes reduce á metade a produción de sementes e provoca unha perda directa da diversidade vexetal de case un terzo do total.
A simplificación das comunidades vexetais e a dificultade para xerar novas sementes poñen en risco a sostibilidade do monte galego. Poden consultar o estudo completo no enlace que facilitamos: https://esajournals.onlinelibrary.wiley.com/doi/10.1002/ecy.70369

