Desde a Asociación Galega das Castañas e dos Soutos promovemos esta campaña urxente ante un problema crítico que non podemos ignorar.
A ameaza da avespa velutina para a nosa biodiversidade e a nosa produción agraria avanza rápido. A falta de insectos polinizadores pon en perigo directo o futuro dos nosos soutos e das colleitas de froita en toda Galicia.
As raíñas desta especie invasora comezaron xa a saír dos seus refuxios de inverno para fundar as novas colonias. O trampeo primaveral é a ferramenta máis eficaz que temos agora mesmo nas mans para frear a súa proliferación.
Capturar unha soa raíña hoxe supón evitar milleiros de avespas depredadoras no vindeiro verán. Necesitamos actuar rápido. Os detalles completos sobre como fabricar e colocar as trampas correctamente atópanse detallados a continuación nesta mesma páxina: POLINÍZATE, PONTE AS PILAS


