Damos un paso máis na nosa forma de traballar. O vindeiro luns 9 de marzo ás 19:00 horas imos celebrar a nosa primeira charla técnica en formato online. O tema que escollemos vén dado polo moito interese que estamos a notar durante os últimos meses.
Imos afondar no uso de microorganismos para mellorar o chan e a produtividade do castiñeiro. Falaremos ao detalle técnico sobre como actúan a micorriza arbuscular, a ectomicorriza, a Trichoderma e as bacterias de rizosfera. O obxectivo é explicar o seu efecto biofertilizante e bioestimulante.

Varios socios xa aplicaron estes tratamentos de microorganismos nas súas plantacións. Agora toca poñer en común eses coñecementos e ver a aplicación real sobre o terreo.
Esta sesión é exclusiva para os socios da Asociación Galega das Castañas e dos Soutos. Se aínda non formas parte da asociación, tes a posibilidade de darte de alta cunha cota anual de 30 euros. Deste xeito poderás acceder directamente a esta charla e participar no resto de iniciativas que desenvolvemos.
Podes xestionar a túa alta como socio e a inscrición á charla a través da seguinte ligazón: Ligazón ao formulario de inscrición

