Asociación Galega das Castañas e dos Soutos

Primeira parada da xornada do 4 de xullo: O laboratorio in vitro do Grupo Tragsa en Maceda

A xornada formativa que a Asociación levou a cabo o pasado 4 de xullo estendeuse por varios lugares e abarcou diferentes temáticas vitais para os produtores. Para recoller adecuadamente todo o aprendido, ao longo dos vindeiros días iremos publicando unha serie de entradas na nosa web debullando cada actividade.

Esta publicación inaugura a serie e é a primeira das dúas que dedicaremos ás instalacións do Grupo Tragsa en Maceda. Nesta ocasión, centrámonos exclusivamente na visita ao seu laboratorio de produción biotecnolóxica de planta de castiñeiro in vitro.

A xornada estivo conducida por Beatriz Cuenca Varela. A súa capacidade didáctica permitiu a todos os socios asistentes, chegados dende as catro provincias, comprender con total claridade a elevada complexidade e as dificultades técnicas que presenta a propagación in vitro.

Resultou moi gratificante comprobar, dende a nosa perspectiva como cidadáns, que os investimentos económicos que se están a desenvolver neste viveiro da empresa pública están xustificados e serven para mellorar substancialmente a produción das plantas que posteriormente serán utilizadas nas nosas plantacións.

Para ampliar os detalles técnicos:

FOLLETO EN PDF: https://asociaciongalegadacastana.es/wp-content/uploads/2026/07/folleto-produccion-castano.pdf

VIDEO DO GRUPO TRAGSA:

 

Scroll al inicio