Hoxe levamos a cabo a segunda reunión de traballo no Parlamento de Galicia, nesta ocasión cos representantes do PSdeG. Damos así un paso máis na rolda de contactos que iniciamos a semana pasada para dar a coñecer a nosa campaña de reclasificación da castaña e sumar apoios.
Dende a Asociación Galega das Castañas e dos Soutos queremos incidir nunha mensaxe clave: a necesidade dun consenso absoluto. Traballamos para que a defensa do noso produto non se utilice en ningún caso como un elemento de confrontación entre as distintas forzas políticas da cámara. Este é un asunto de vital importancia que afecta tanto aos produtores locais como aos propios consumidores, e polo tanto require a unión de todos.
Queremos destacar que valoramos de xeito moi positivo a atención e a escoita activa que se nos está prestando nestes encontros institucionais. Agardamos poder reunirnos tamén en breve co PP e con DO para rematar esta primeira fase de exposición da nosa proposta.
Podedes ler toda a información sobre a nosa campaña e os motivos da nosa solicitude na seguinte ligazón: https://asociaciongalegadacastana.es/a-castana-non-e-un-froito-seco/

