O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o 2 de marzo, un anuncio da Dirección Xeral de Patrimonio Natural referente ao Catálogo galego de árbores senlleiras.
Sometese a información pública a solicitude para incluír unha formación de Castanea sativa situada en Vilatán, no concello lugués do Saviñao.
Abrese agora un prazo exacto de 20 días hábiles para que calquera persoa poida examinar a documentación e remitir as observacións ou xustificacións pertinentes, ben sexa por escrito ou mediante correo electrónico.
DOG: https://www.xunta.gal/…/AnuncioG0760-100226-0006_gl.html
INFORMACIÓN:
https://medioambiente.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_DX_Conservacion_Natureza?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&std=expedientes_senlleiras.html&sub=Arbores_senlleiras

