Asociación Galega das Castañas e dos Soutos

Un heroe inesperado podería rescatar os nosos castiñeiros

Todos coñecemos a grave ameaza da «enfermidade da tinta«, un mal que seca os nosos castiñeiros ao podrecer as súas raíces. É causada por un organismo microscópico chamado Phytophthora, moi difícil de combater.

Pero a ciencia descubriu un aliado natural nunha levadura! Chámase Wickerhamomyces anomalus e, segundo un novo estudo, non é un simple competidor… é un depredador!

O máis incrible é como actúa:

  • Adhírese ás células do patóxeno que ataca ao castiñeiro.

  • Entra nelas, coma un invasor silandeiro.

  • Aliméntase do seu contido desde dentro, deixando as células do inimigo baleiras.

O mellor de todo é que o fai sen necesidade de liberar toxinas ou compostos químicos ao solo. É un ataque directo, específico e limpo.

Este descubrimento abre unha porta enorme á creación de tratamentos biolóxicos para protexer os nosos soutos de forma sustentable e respectuosa co medio ambiente. Unha grandísima noticia para os nosos bosques!

Non é fascinante como a natureza ten as súas propias solucións? Comparte para que máis xente coñeza este avance!

ARTIGO

Scroll al inicio