O vindeiro sábado 4 de xullo ás 10:00 h terá lugar unha nova xornada formativa organizada pola Asociación Galega das Castañas e dos Soutos, coa colaboración do Grupo Tragsa.
O punto de encontro será o Viveiro de Tragsa, situado en Maceda (Ourense). Alí coñeceremos de primeira man a produción de planta mediante métodos clásicos e biotecnolóxicos, centrándonos nos portaenxertos e na planta enxertada. A continuación, desprazarémonos ata o monte veciñal en man común de Calvelo, no mesmo municipio, para realizar unha visita práctica á súa plantación.
A programación do día inclúe un xantar de irmandade para todos los asistentes. Xa pola tarde, achegarémonos ao concello da Pobra de Trives para rematar a actividade cunha visita guiada aos tradicionais Sequeiros de Pena Folenche.
A asistencia a todas as actividades é de entrada libre e non se require ser socio da entidade para participar. No entanto, por cuestións de aforo e organización, a inscrición previa é estritamente obrigatoria.
As persoas interesadas en asistir deben chamar ao teléfono 661 95 22 89.


