A Asociación Galega das Castañas e dos Soutos impartirá unha xornada sobre o castiñeiro de froito o vindeiro martes 24 de marzo.
Esta actividade está organizada pola Comunidade de Montes de Baroña e terá lugar no seu local social.
O horario establecido é de 10:00 a 13:00 horas.
Durante a mañá abordaremos varios temas: unha introdución sobre os castiñeiros para froito, os pasos para a planificación e creación dun souto, e os traballos específicos de poda e formación.
Debido a que a xornada inclúe unha parte práctica no monte, aconsellamos levar roupa e calzado axeitados.
Para obter máis información pódese contactar a través do teléfono 679156855.


