
O vindeiro sábado 28 de febreiro, a Asociación Galega das Castañas e dos Soutos impartirá unha charla centrada exclusivamente no castiñeiro de froito.
A cita será no Salón de actos do Concello de Lourenzá, en horario de 10:00 a 13:00 horas, con entrada libre.
Esta xornada está organizada polo Sindicato Labrego Galego e conta coa colaboración do propio concello.
Durante a mañá trataremos cuestións prácticas sobre o manexo destas árbores para mellorar a saúde e a xestión das parcelas.
O coñecemento técnico é a base para o bo desenvolvemento das nosas árbores.

