Asociación Galega das Castañas e dos Soutos

Xuntanza técnica de CASPRENOR na Baña sobre xestión de castiñeiros

Domingo 13 de setembro · 16:00–19:30 h
Punto de encontro: Finca Campeáns · A Baña (A Coruña)

16:00 – 16:15 · Recepción e presentación da xornada

16:15 – 17:00 · Percorrido na Finca Campeáns: plantación de castiñeiros

    • Deseño, desenvolvemento e manexo.
    • Pastoreo extensivo como ferramenta para o mantemento das plantacións de castiñeiro.

Apertura de diálogo para que os asistentes poidan formular preguntas e compartir as súas propias experiencias.

17:00 – 17:15 · Desprazamento á finca Rubira (1 km)

17:15 – 18:40 · Percorrido pola finca Rubira

    • Rego por goteo: funcionamento, distribución das liñas, colocación dos goteiros, necesidades de auga, frecuencia dos regos e mantemento da instalación.
    • Maquinaria para a recolección e calibrado da castaña:
      maquinaria específica para a recolección e calibrado da castaña, coa explicación directa do comercializador.
    • Diversificación da actividade e desenvolvemento rural: visita as cabañas de madeira destinadas a turismo rural sitas na propia finca.

18:40 – 19:15 · Desprazamento á Finca de Crespo (7 km)

    • Reprodución e produción de castiñeiros:
      elección do material vexetal, variedades, patróns, enxertado, calidade da planta e criterios de selección en función do destino da produción

19:15 – 20:00 · Preguntas e peche da xornada

 

Formulario de consultas e de confirmación de asistencia: https://casprenor.es/contacta-asistencia/

Scroll al inicio